Edimburgo dos Sete Mares
Epónimo | Alfredo, Duque de Saxe-Coburgo-Gota (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
Territorio Británico | Santa Helena | |||
Grupo | Tristan da Cunha | |||
Capital de | ||||
Creación | 1816 | |||
Páxina web | tristandc.com… |
Edimburgo dos Sete Mares (ou sinxelamente Edimburgo, en inglés: Edinburgh of the Seven Seas) é o principal asentamento e capital da illa Tristan da Cunha, un territorio dependente de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha e, por conseguinte, do Reino Unido. Os habitantes da illa denomínana como "The Settlement" ("O Asentamento") ou "The Village".[1]
Tamén é coñecido por ser considerado polo Libro Guinness dos Récords como o asentamento humano estable máis remoto do planeta, xa que o máis achegado fica na illa Santa Helena, a 2.173 km ó norte.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O establecemento foi fundado en 1815 co nome de Fort Malcom para evitar que, dende Tristan da Cunha, as tropas francesas intentasen tomar o asalto da illa de Santa Helena onde cumpría o seu exilio Napoleón. Para isto, unha gornición militar mantívose nas illas e permaneceu ata o final da segunda guerra mundial.
Recibiu o seu nome actual en honor á visita que fixo o Príncipe Alfredo, Duque de Edimburgo, en 1867 na súa viaxe ao redor do mundo percorrendo as diferentes posesións británicas de ultramar.
Foi danado nunha erupción volcánica do Pico da Reina María no 1961, o que obrigou á poboación a abandonar o asentamento e evacuar a Calshot no Reino Unido. A erupción destruíu a fábrica de langostas do asentamento.
Tras o regreso da maioría dos habitantes da illa en 1963, o asentamento foi reconstruído. O porto de Edimburgo foi nomeado Calshot Harbour en honor ao seu fogar temporal.
Transporte
[editar | editar a fonte]Hai unha estrada, M1, que conecta a cidade con outros asentamentos menores e é utilizada polos poucos coches privados na illa. Hai camiños pavimentados que proporcionan acceso a pé ós edificios ao redor da cidade. Un servizo de autobús chamado "Potato Patches Flier" está dispoñíbel para os visitantes na cidade aos lugares da illa.[3][4]
Todos os vehículos de motor na illa teñen placas de Tristan da Cunha que consisten en letras TDC e 2 ou 3 números.[5]
A única forma de transporte é en barco e a cidade ten un pequeno porto e atracadoiros accesíbeis unicamente por pequenas embarcacións.
Clima
[editar | editar a fonte]Datos climáticos para Edimburgo dos Sete Mares | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 20 | 21 | 20 | 18 | 17 | 15 | 14 | 14 | 14 | 15 | 17 | 19 | 17 |
Media mínima en °C | 16 | 17 | 16 | 15 | 13 | 11 | 11 | 10 | 10 | 11 | 13 | 15 | 13,2 |
Precipitación media mm | 93 | 113 | 121 | 129 | 155 | 160 | 160 | 175 | 169 | 151 | 128 | 127 | 1 681 |
Media de días con chuvia | 18 | 16 | 17 | 20 | 23 | 23 | 25 | 26 | 24 | 22 | 18 | 19 | 251 |
Media de horas de sol mensuais | 139,5 | 142,8 | 145,7 | 129 | 108,5 | 99 | 105,4 | 105,4 | 120 | 133,3 | 138 | 130,2 | 1 496,8 |
Fonte: climatetemp.info[6] |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saint Helena Independent Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. 25 de marzo de 2011 p. 3
- ↑ http://www.tristandc.com/settlement.php
- ↑ http://www.tristandc.com/newstransport.php
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2014. Consultado o 29 de abril de 2015.
- ↑ http://www.olavsplates.com/tristan_da_cunha_abroad.html
- ↑ climatetemp.info (ed.). "Climate Data". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de xaneiro de 2012.